martes, 22 de abril de 2014

En maio e abril poemas mil

Mentres agardamos pola publicación neste blogue do voso Cancioneiro do Xuvia que estamos rematando e no que incluiremos as vosas poesías, queremos nestes días de primavera lembrar algúns dos poemas sobre ríos escritos en lingua galega ao longo do século XX e XXI... Algúns xa os coñecedes e outros ao mellor non, pero nunca é tarde. 
Empezamos cun poema do libro  O galo de Luís Amado Carballo:
  Desconsolo

Deixando aa fonte á chorar
fuxe o río pol-o quenlle
con pasadas de cristal...

              — Ay amante, amante
              ¿cando voltarás?,
              será pol-a Páscoa
              ou pol-a Trindá...


O cantar do merlo
quérea consolar:

              Voltará o amante
              ben cedo cicais,
              cicais poI-a Páscoa
              ou pol-a Trindá.
              Pon frores no pelo
              si é de lei, virá.


Contéstalle a fonte
no seu saloucar:

              Amores que fuxen
              xa non voltarán,
              nin pol-a Páscoa
              nin pol-a Trindá.
              Soyo follas secas
              Outono m'ha dar.


Ficaban tan soyo
na branca mañán,
o fuxir do río
y-a fonte a chorar.

E  por certo, unha preguntiña para mañá? Cal é o río que pasa pola cidade natal do autor e desemboca na ría desta? 
 

domingo, 6 de abril de 2014

O proxecto ríos pretende estudiar o rio Xuvia ó seu paso por San Sadurniño dende un punto de vista interdisciplinar. Os profesores participantes pretendemos achegar ó alumnado o coñecemento do ecosistema fluvial e o seu patrimonio etnográfico e cultural e tamén todo aquilo ó que os rios aportaron á nosa sociedade dende hai séculos. Trataremos pois de "aprender facendo" sobre este importante recurso.
Para traballar ímos facelo no contexto do proxecto ríos que ADEGA vouto a andar hai anos, podedes velo no seguinte enlace http://www.proxectorios.org/.
A nosa iniciativa enmárcase ademáis no Plan Proxecta da Consellería de Educación, en colaboración neste caso coa Consellería de Medio Ambiente e a organización ecoloxísta ADEGA.

viernes, 4 de abril de 2014

A CALIDADE HIDROMORFOLÓXICA NA CAMPAÑA DE OUTONO

Básease no estudo do río observando o estado do hábitat e do bosque de ribeira así como o réxime do caudal.A valoración de estes elementos permitirános coñecer a calidade ecolóxixa do ecosistema acuático,pero só cando os indicadores biolóxicos e fisioquímicos nos mostren un resultado óptimo estaremos seguros de que o río se encontra en boas condicións.
HABITAT:
Fluidez da auga
A auga é o elemento máis determinativo nun río.
É moi importante analizar o caudal do río e observar o réxime anual de chuvias da cunca. As pecipitacións poden ser estacionais e o río non levará auga nas estacións secas(fundamentalmente en ríos de montaña) aínda que a falta da auga pode estar ocasinada polols homes,polas desviacións de caudal río arriba ou pola sobreexplotación de acuíferos da cunca.
Támen hai que saber se o nivel de auga é habitual nesa época do ano comparando o nivel de uga de outros anos neses meses ou coninspeccións.
-Nosoutros observámos que no río Xubia a auga flúe e o nivel de auga era o adecuado para a época.

Os rápidos
Débense ter en conta os seguintes aspectos:
*A predominancia de zonas de corrente lenta(balsas).
*Se hai pozos con certa profundidade.
*A predominancia de rápidos es eé igual á cantidade de balsas.
Estes valores deben der tomados nun tramo do río non en todo o treito.
En función disto podemos clasificar as augas do río en:
*Augas rápidas(>0.3m/s)con pouca profundidade(<0.5m)
*Augas rápidas(>0.3m/s)con moita profundade(>0.5m)
*Augas lentas(<0.3m/s)con pouca profundidade(<0.5m)
*Augas lentas(<0.3m/s)con moita profundidade(>0.5m)
-No río Xubia obsérvase que afrecuencia de rápidos é ocasional e observámos que o río todalas categorías a partir da nosa unidade de mostraxe.
Substractos
Este apartado so pode levarse a cabo se vemos o leito do río senon é moi perigoso e NON SE DEBE FACER!
E preciso a determinación de:
*Bloques e pedras:<64mm(as pedras:5.4-25cm de diámetro e os bloques >25cm de diámetro).
*Coídos e gravas:2-64mm(0.7-50.4cn de diámetro).
*Área:0.6-2mm(graos de 0.1-0.7cm de diámetro).
*Limos e arxilas:<0.6mm(partículas finas de <0.1cm de diámetro).
*materia orgánica:follas e paus.
Os resultados deben facer referencia da unidade de mostraxe,observando os macroinvertebrados(a redor de 20-100m de radio).
A sombra sobre o río
A cantidade de luz que chega ao río é importante porque facilita o crecemento das plantas acuáticas e das algas.

Desde dentro do río ou desde o borde da beira observaremos se hai moitos ou poucos claros que permitan o aceso da luz solar a lámina da auga. Hai que ter en conta que este apartado non fai referencia a se o día está soleado ou nubrado.

- Nosoutros puidemos ver que o río Xubia é sombreado con claros (que é a mellor sombra para un río )

Heteroxeneidade

Neste apartado hai que ver as estruturas naturais que atopamos no leito da unidade de mostraxe e que actúan como elementos de heteroxenidade: follaxe, troncos, raíces expostas ou espigóns naturais.

Estes elementos son pezas claves para proporcionar o hábitat físico que colonizarán organismos acuáticos. Constitúen, ademais, unha fonte de alimento para estes organismos.

- Puidemos observar que hai unha follaxe escasa (<10%), troncos e polas, raíces expostas e diques naturais.

Bosque de ribeira

O bosque de ribeira é a franxa de vexetación que encontramos entre o ambiente terrestre e o fluvial e que permite o desenvolvemento de determinadas comunidades animais e vexetais. Os bosques de ribeira,ademais deste función como receptáculo de especies vivas, tamén funcionan como corredores biolóxicos que dan continuidade espacial á paisaxe.

- O bosque de ribeira no río Xubia é moderada na marxe dereita e esquerda.

O caudal

Que un río leve maís ou menos auga afecta a moitos organismos e comunidades que conviven dentro dese ecosistema.

Á hora de medir o caudal cómpre determinar as dimensións do
leito e a velocidade da auga.

- Resultado dos cálculos que fixemos sobre o caudal do Xubia:

Ancho: 13m Sección: 26.715m2

Profundidade: 2.055m Velocidade: 0.6m/s

· Caudal : 17.81m3/s
Alba Aneiros e Verónica Pena

CALIDADE FÍSICOQUÍMICA NA CAMPAÑA DE OUTONO

Os datos tomados en relación a esta parte do proxecto, son os máis instantaneos de todos, xa que nos permiten saber a situación da auga no momento da recollida, pero poden variar rapidamente.

TEMPERATURA
Presenta pequenas variacións ,debidas á influenza do sol na auga, pero tamén pode presentar variación debido á ación humana (vertidos quentes ao río). Relaciónase coa cantidade de osíxeno disolto (a temperatura reduce a solubilidade do osíxeno), que condiciona o desenrolo de certos seres vivos.Tamén xoga un papel directo no crecemento das bacterias (+ T) e en ocasións, son necesarios uns niveis concretos de temperatura para que afloren certas especies.
Mídese co termómetro.

Temperatura do río Xubia = 11Cº

pH
Determina o grao de acidez ou alcalinidade do río. As cuncas graniticas ou os vertidos das fábricas poden causar a súa variación.O pH é moi determinante á hora da supervivencia de moitos organismos.
Mídese mediante unha pastilla de pH e unha escala de cores.

PH do río Xubia = pH 7 (neutro)

NITRATOS
Son fundamentais para o crecemento das algas e plantas acuaticas, e segundo a súa concentración( que depende da descomposición dos seres vivos) aparecen ou non certas poboaciones. Os vertidos e os fertilizantes agrícolas que caen ao río aumentan a concentración de nitratos, o que pode chegar a ser moi perigoso. A saturación de nitróxeno das augas, pode provocar unha situación de eutrofización (diminuición dos niveis de osíxeno debido a unha forte degradación de material orgánico) que afectaría a todos os seres vivos.
Mídese mediante dúas pastillas de nitratos e unha escala de cores.

Nitratos do río Xubia = 5mg/l

OSÍXENO DISOLTO
A súa concentración varía de forma inversamente proporcional á temperatura. Manter uns niveis adecuados é moi importante, xa que por niveis inferiores aos 4 mg/l, as poboacións acuáticas, veranse afectadas.O osíxeno proven basicamente da atmosfera e dos seres fotosintéticos.A salinidade, ao igual que a temperatura mantén unha realación inversamente proporcional co osíxeno. É moi necesario na respiración e degradación dos seres vivos.
Mídese servindonos de dúas pastillas de osíxeno e unha escala de cores.

Osíxeno disolto no río Xubia = 8 mg/l

SATURACIÓN
É unha maneira de medir a concentración de osíxeno, pero sobre o total que pode soportar o auga dese río.
Mídese con axuda dunha taboa e depende da temperatura da auga e da cantidade de osíxeno disolto.

Saturación do río Xubia = 67%
TRANSPARENCIA
Indícanos a cantidade de partículas disoltas ou en suspensión que ten o río. Esto permite á súa vez coñecer a cantidade de luz que chega aos niveis mais fondos. Pode variar debido a un forte removido causado polas chuvias ou polas actividades humanas (verteduras e extraccións de áridos).
Nesta ocasión mediuse grazas a unha táboa, dividida en sectores.Póñeselle enrima unha botella , e en función de ver mais ou menos sectores , será mais ou menos trasparente.

Transparencia do río Xubia = observanse todos os sectores


Atendendo a todos estes datos podemos concluir que o río Xubia ten unha boa calidade fisicoquímica.


Jua Daniel Carballeira e Carlos Martínez 4º B