jueves, 27 de noviembre de 2014

COMEZAMOS O PROXECTO NESTE CURSO 14-15

Neste curso continuamos a participar no proxecto ríos. 
A coordinadora deste curso é a profesora Ana Palmero. 
Os grupos participantes:
4º ESO
1º ESO 
5º Primaria
6º Primaria

Aproveitando a participación no programa de excelencia de contratos programa, e coordinado polos profesores JJ Guillín e Lois Rguez, plantexaremos un obradoiro sobre o "estudo ambiental da calidade da auga da cunca do Xuvia en San Sadurniño". 

Tamén visitaremos a potabilizadora e as depuradoras de augas residuais do concello para coñecer un pouco mellor o ciclo da auga. 

jueves, 26 de junio de 2014

O ALUMNADO DE 4º, 5º E 6º DE PRIMARIA PARTICIPA NO PROXECTO RÍOS

Aproveitando o bo tempo do mes de xuño, o alumnado de 4º, 5º e 6º de primaria participou activamente no PROXECTO RIOS. Centrámonos no estudo da calidade da auga en función da presencia de macroinvertebrados bioindicadores. Foi sorprendente para o alumnado e tamén para o profesorado, a biodiversidade observada, coa presencia dun elevado número de familias de macroinvertebrados. A calidade da auga basada neste índice saíu, como sempre MOI BOA.








viernes, 20 de junio de 2014

O Cancioneiro do Xuvia

Por fin rematamos o noso particular cancioneiro composto por poemas elaborados polo alumnado de 3º e 4º de ESO.

viernes, 6 de junio de 2014

Xuño de poemas II

Escollemos hoxe un poema de César Antonio Molina, do seu poemario Eume.

AFIANDO A PEDRA

CANDO todo estea dito,
a que se dedicará o espírito?
Cando toda a corrente teña baixado,
a que se dedicará a canle?
Cando todo estea pensado,
cando todo sexa evidente
comezarase de novo desde o principio.
Cando todo estea dito
o Eume aínda estará afiando a pedra filosofal.

César Antonio Molina, Eume

Créditos da fotografía: http://gl.wikipedia.org/wiki/Ficheiro:Fragas_del_Eume.001.JPG

lunes, 2 de junio de 2014

Xuño de poemas

Continuamos neste mes de xuño coa nosa antoloxía de poemas relacionados cos ríos. Hoxe lembramos a Manuel María e a un seu poema do libro Terra Cha.

Regato do Cepelo: naces e morres
na miña tribo, breve como
a milagreira pinga do orballlo
que se pousa no pétalo da rosa,
espello dos meus soños, murmullo
de frauta e asubío, salouco
emocionado e irreprimíbel, cunco
de pureza musical, laverca
chiadora, fadada raioliña
de lúa deitada docemente
nesta terra, humana e vella, só
pra darlle a túa delicada levidade.
Manuel María, Terra Cha
Por certo,  Manuel María lembra nun dos  seus libros (A tribo ten catro ríos)  os ríos da súa terra desta forma :
"O caso é que Outeiro de Rei, no comenzo da súa vida, tivo tres ríos: O Pai Miño ou Río Grande, que vén atravesando toda a Terra Cha, ancho, solemne, vagoroso, recreándose ó olla-la beleza das súas propias ribeiras.  O Ladra, de augas tépedas, que baixa estarabouzando entre árbores, para morrer no Miño. O río Ladra morre murmurando porque sabe morrer é o remate natural de cada vida e el non lle ten medo á morte. As súas augas cantareiras non desaparecen: mestúranse coas do Miño para darlles un pouco máis de alegría. E finalmente o Río Pequeno, Río de Robra ou Santa Marta, que dos tres xeitos se chama."
Se queres saber coma naceu o cuarto río, só tes que facer clic neste enlace.

Foto atopada aquí.

lunes, 26 de mayo de 2014

A campaña de primavera

O día 13/5/2014 os alumnos de Bioloxía e Xeoloxía de 4º ESO realizaron a inspección da campaña de primavera do Proxecto Ríos.

Moitos dos datos tomados correspóndense coa campaña de outono agás os que se citan a continuación:

A CALIDADE HIDROMORFOLÓXICA 

Neste apartado medimos de novo o caudal do río no mesmo punto que o determinamos na campana de outono.  Determinamos o ancho do cauce, a profundidade e a velocidade mediante unha cortiza que deixamos caer na superficie da auga e anotamos os segundos que tardou en percorrer unha distancia de 10 m. Multiplicando ancho, profundidade e velocidade determinamos o caudal. O resultado obtido, foi menor que na campaña de outono como era de esperar, debido a que as precipitacións tamén foron menores nesta campaña, pero hai que sinalar, que o vento, aínda que suave impedía que a cortiza avanzase correctamente, polo que esta redución medida non sería tan notable como amosan os datos obtidos, 4,9 m3/s



A CALIDADE FÍSICOQUÍMICA

Neste apartado volvimos a determinar a temperatura e transparencia da auga, contido de nitratos, pH, osíxeno disolto e saturación.
Sinalar que a temperatura foi de 13,1ºC, é dicir, 2,1 ºC superior a campaña de outono. Debido a este incremento da temperatura e que o contido de osíxeno disolto foi o mesmo, a saturación pasó do 67% o 70%. Polo tanto continuamos en valores optimos, e aínda que a auga podería incorporar aínda un 30% máis de osíxeno, tamén nos indica que a produción de osíxeno no metabolismo das algas e superior a campaña de outono.

A CALIDADE BIOLÓXICA

Recollimos de novo as mostras do substrato, para analizar a calidade biolóxica empregando como bioindicadores os macroinvertebrados. A biodiversidade de organimos foi moi similar a campana de outono, pero atopamos un maior número de organismos de cada especie. Con respecto a esto seguimos determinando que as augas do río Xuvia no noso treito, non estan contaminados ou ateradas de modo sensible.

lunes, 19 de mayo de 2014

En maio e abril poemas mil II

Eleximos hoxe un poema do autor homenaxeado este ano no Día das Letras Galegas, Xosé María Díaz Castro. O poemá titúlase "Vísperas" e pertence ao seu libro Nimbos:


POLOS DÍAS do Carmio a festa chega ó río.
Unha música ardente vén no aire coma un río
de recordos. Foguetes lonxanos cain no río.
Este é o Porto – Muíño, todo en lapas, o río.

O río está deitado coma un boi remoendo,
i o Tempo non sei qué anda rente del remexendo.
As bágoas do ameneiro cain pola noite abaixo,
e fan ceos pequenos de estrelas aló embaixo.

Nas puntiñas dos pés a festa chega ó río,
i anésgase, larmeira, á beiriña do río.
Despois vólvese tola: brinca o río berrando,
e pérdese nos vimbios e as xesteiras beilando,

 i acéndese nos vidros da aldea chea de anos,
i ergue a moi meiga as pálpebras de animás e cristianos…
Chora o ameneiro en soños (¡Que ben se oin os muiños!),
e chora polo tempo perdido nos camiños.

Ai como está de bágoas de nenos feito o río!
Este é o Porto – Muiño, todo en sombras, o río.
A Virxe pasa a mau polo lombo do río…

Xosé María Díaz Castro
Por certo, se queres saber algo máis sobre os ameneiros aquí atoparás máis información.

miércoles, 14 de mayo de 2014

A palabra río no Portal das palabras

Hoxe a "Palabra do día" no Portal das palabras é río. Por certo, cal é a palabra da que provén? Atoparás esta información no enlace anterior.

martes, 22 de abril de 2014

En maio e abril poemas mil

Mentres agardamos pola publicación neste blogue do voso Cancioneiro do Xuvia que estamos rematando e no que incluiremos as vosas poesías, queremos nestes días de primavera lembrar algúns dos poemas sobre ríos escritos en lingua galega ao longo do século XX e XXI... Algúns xa os coñecedes e outros ao mellor non, pero nunca é tarde. 
Empezamos cun poema do libro  O galo de Luís Amado Carballo:
  Desconsolo

Deixando aa fonte á chorar
fuxe o río pol-o quenlle
con pasadas de cristal...

              — Ay amante, amante
              ¿cando voltarás?,
              será pol-a Páscoa
              ou pol-a Trindá...


O cantar do merlo
quérea consolar:

              Voltará o amante
              ben cedo cicais,
              cicais poI-a Páscoa
              ou pol-a Trindá.
              Pon frores no pelo
              si é de lei, virá.


Contéstalle a fonte
no seu saloucar:

              Amores que fuxen
              xa non voltarán,
              nin pol-a Páscoa
              nin pol-a Trindá.
              Soyo follas secas
              Outono m'ha dar.


Ficaban tan soyo
na branca mañán,
o fuxir do río
y-a fonte a chorar.

E  por certo, unha preguntiña para mañá? Cal é o río que pasa pola cidade natal do autor e desemboca na ría desta? 
 

domingo, 6 de abril de 2014

O proxecto ríos pretende estudiar o rio Xuvia ó seu paso por San Sadurniño dende un punto de vista interdisciplinar. Os profesores participantes pretendemos achegar ó alumnado o coñecemento do ecosistema fluvial e o seu patrimonio etnográfico e cultural e tamén todo aquilo ó que os rios aportaron á nosa sociedade dende hai séculos. Trataremos pois de "aprender facendo" sobre este importante recurso.
Para traballar ímos facelo no contexto do proxecto ríos que ADEGA vouto a andar hai anos, podedes velo no seguinte enlace http://www.proxectorios.org/.
A nosa iniciativa enmárcase ademáis no Plan Proxecta da Consellería de Educación, en colaboración neste caso coa Consellería de Medio Ambiente e a organización ecoloxísta ADEGA.

viernes, 4 de abril de 2014

A CALIDADE HIDROMORFOLÓXICA NA CAMPAÑA DE OUTONO

Básease no estudo do río observando o estado do hábitat e do bosque de ribeira así como o réxime do caudal.A valoración de estes elementos permitirános coñecer a calidade ecolóxixa do ecosistema acuático,pero só cando os indicadores biolóxicos e fisioquímicos nos mostren un resultado óptimo estaremos seguros de que o río se encontra en boas condicións.
HABITAT:
Fluidez da auga
A auga é o elemento máis determinativo nun río.
É moi importante analizar o caudal do río e observar o réxime anual de chuvias da cunca. As pecipitacións poden ser estacionais e o río non levará auga nas estacións secas(fundamentalmente en ríos de montaña) aínda que a falta da auga pode estar ocasinada polols homes,polas desviacións de caudal río arriba ou pola sobreexplotación de acuíferos da cunca.
Támen hai que saber se o nivel de auga é habitual nesa época do ano comparando o nivel de uga de outros anos neses meses ou coninspeccións.
-Nosoutros observámos que no río Xubia a auga flúe e o nivel de auga era o adecuado para a época.

Os rápidos
Débense ter en conta os seguintes aspectos:
*A predominancia de zonas de corrente lenta(balsas).
*Se hai pozos con certa profundidade.
*A predominancia de rápidos es eé igual á cantidade de balsas.
Estes valores deben der tomados nun tramo do río non en todo o treito.
En función disto podemos clasificar as augas do río en:
*Augas rápidas(>0.3m/s)con pouca profundidade(<0.5m)
*Augas rápidas(>0.3m/s)con moita profundade(>0.5m)
*Augas lentas(<0.3m/s)con pouca profundidade(<0.5m)
*Augas lentas(<0.3m/s)con moita profundidade(>0.5m)
-No río Xubia obsérvase que afrecuencia de rápidos é ocasional e observámos que o río todalas categorías a partir da nosa unidade de mostraxe.
Substractos
Este apartado so pode levarse a cabo se vemos o leito do río senon é moi perigoso e NON SE DEBE FACER!
E preciso a determinación de:
*Bloques e pedras:<64mm(as pedras:5.4-25cm de diámetro e os bloques >25cm de diámetro).
*Coídos e gravas:2-64mm(0.7-50.4cn de diámetro).
*Área:0.6-2mm(graos de 0.1-0.7cm de diámetro).
*Limos e arxilas:<0.6mm(partículas finas de <0.1cm de diámetro).
*materia orgánica:follas e paus.
Os resultados deben facer referencia da unidade de mostraxe,observando os macroinvertebrados(a redor de 20-100m de radio).
A sombra sobre o río
A cantidade de luz que chega ao río é importante porque facilita o crecemento das plantas acuáticas e das algas.

Desde dentro do río ou desde o borde da beira observaremos se hai moitos ou poucos claros que permitan o aceso da luz solar a lámina da auga. Hai que ter en conta que este apartado non fai referencia a se o día está soleado ou nubrado.

- Nosoutros puidemos ver que o río Xubia é sombreado con claros (que é a mellor sombra para un río )

Heteroxeneidade

Neste apartado hai que ver as estruturas naturais que atopamos no leito da unidade de mostraxe e que actúan como elementos de heteroxenidade: follaxe, troncos, raíces expostas ou espigóns naturais.

Estes elementos son pezas claves para proporcionar o hábitat físico que colonizarán organismos acuáticos. Constitúen, ademais, unha fonte de alimento para estes organismos.

- Puidemos observar que hai unha follaxe escasa (<10%), troncos e polas, raíces expostas e diques naturais.

Bosque de ribeira

O bosque de ribeira é a franxa de vexetación que encontramos entre o ambiente terrestre e o fluvial e que permite o desenvolvemento de determinadas comunidades animais e vexetais. Os bosques de ribeira,ademais deste función como receptáculo de especies vivas, tamén funcionan como corredores biolóxicos que dan continuidade espacial á paisaxe.

- O bosque de ribeira no río Xubia é moderada na marxe dereita e esquerda.

O caudal

Que un río leve maís ou menos auga afecta a moitos organismos e comunidades que conviven dentro dese ecosistema.

Á hora de medir o caudal cómpre determinar as dimensións do
leito e a velocidade da auga.

- Resultado dos cálculos que fixemos sobre o caudal do Xubia:

Ancho: 13m Sección: 26.715m2

Profundidade: 2.055m Velocidade: 0.6m/s

· Caudal : 17.81m3/s
Alba Aneiros e Verónica Pena

CALIDADE FÍSICOQUÍMICA NA CAMPAÑA DE OUTONO

Os datos tomados en relación a esta parte do proxecto, son os máis instantaneos de todos, xa que nos permiten saber a situación da auga no momento da recollida, pero poden variar rapidamente.

TEMPERATURA
Presenta pequenas variacións ,debidas á influenza do sol na auga, pero tamén pode presentar variación debido á ación humana (vertidos quentes ao río). Relaciónase coa cantidade de osíxeno disolto (a temperatura reduce a solubilidade do osíxeno), que condiciona o desenrolo de certos seres vivos.Tamén xoga un papel directo no crecemento das bacterias (+ T) e en ocasións, son necesarios uns niveis concretos de temperatura para que afloren certas especies.
Mídese co termómetro.

Temperatura do río Xubia = 11Cº

pH
Determina o grao de acidez ou alcalinidade do río. As cuncas graniticas ou os vertidos das fábricas poden causar a súa variación.O pH é moi determinante á hora da supervivencia de moitos organismos.
Mídese mediante unha pastilla de pH e unha escala de cores.

PH do río Xubia = pH 7 (neutro)

NITRATOS
Son fundamentais para o crecemento das algas e plantas acuaticas, e segundo a súa concentración( que depende da descomposición dos seres vivos) aparecen ou non certas poboaciones. Os vertidos e os fertilizantes agrícolas que caen ao río aumentan a concentración de nitratos, o que pode chegar a ser moi perigoso. A saturación de nitróxeno das augas, pode provocar unha situación de eutrofización (diminuición dos niveis de osíxeno debido a unha forte degradación de material orgánico) que afectaría a todos os seres vivos.
Mídese mediante dúas pastillas de nitratos e unha escala de cores.

Nitratos do río Xubia = 5mg/l

OSÍXENO DISOLTO
A súa concentración varía de forma inversamente proporcional á temperatura. Manter uns niveis adecuados é moi importante, xa que por niveis inferiores aos 4 mg/l, as poboacións acuáticas, veranse afectadas.O osíxeno proven basicamente da atmosfera e dos seres fotosintéticos.A salinidade, ao igual que a temperatura mantén unha realación inversamente proporcional co osíxeno. É moi necesario na respiración e degradación dos seres vivos.
Mídese servindonos de dúas pastillas de osíxeno e unha escala de cores.

Osíxeno disolto no río Xubia = 8 mg/l

SATURACIÓN
É unha maneira de medir a concentración de osíxeno, pero sobre o total que pode soportar o auga dese río.
Mídese con axuda dunha taboa e depende da temperatura da auga e da cantidade de osíxeno disolto.

Saturación do río Xubia = 67%
TRANSPARENCIA
Indícanos a cantidade de partículas disoltas ou en suspensión que ten o río. Esto permite á súa vez coñecer a cantidade de luz que chega aos niveis mais fondos. Pode variar debido a un forte removido causado polas chuvias ou polas actividades humanas (verteduras e extraccións de áridos).
Nesta ocasión mediuse grazas a unha táboa, dividida en sectores.Póñeselle enrima unha botella , e en función de ver mais ou menos sectores , será mais ou menos trasparente.

Transparencia do río Xubia = observanse todos os sectores


Atendendo a todos estes datos podemos concluir que o río Xubia ten unha boa calidade fisicoquímica.


Jua Daniel Carballeira e Carlos Martínez 4º B

sábado, 1 de marzo de 2014

A BIODIVERSIDADE

Os ríos son fonte de diversidade. Neste apartado anotamos as especies vexetais e animais que temos no noso treito.

Plantas acuáticas: - Fento real

Árbores: - Abeleira                                   - Eucalipto
               - Ameneiro                                - Freixo
               - Bidueiro                                  - Loureiro
               - Carballo                                  - Salgueiro
            
Anfibios: - Ra vermella

Peixes: - Troita

Aves: Garza real

Só hai unha especie exótica o Eucalipto.
MACROINVERTEBRADOS

No río buscamos macroinvertebrados porque nos sirven de bioindicadores, xa que nos permiten determinar de maneira inditecta a calidade do ecosistema.
(Na primeira entrada pódese ver en fotografías o momento de captura e indentificación)
Na inspección apareceron:

Tricópteros: - Brachycentridae
                      - Hydropsychidae
                      - Limnephilidae
                      - Sericostomatidae

Dípteros: - Tipulidae

Heterópteros: - Gerridae

Planarias

Crustáceos: - Gammaridae

Moluscos: - Lymnaeidae
                  - Planorbidae

Odonatos (Larvas de libélula):  - Aeshnidae
                                                      - Calopterygidae
                                                      - Libellulidae

Con axuda da ficha e a clave dicotómica indentificamos as familias.

O índice de macroinvertebrados daba como resultado Moi bo: augas non contaminadas ou non alteradas de modo sensible.

lunes, 3 de febrero de 2014

AS VEIGAS

Na seguinte imaxe vemos o proceso de sedimentación, neste caso no río Castro (afluente do Xubia), despois do que por eiquí coñecemos como unha "riada".

Os restos de materia orgánica se "compostarán" en superficie durante meses aportando deste xeito fertilidade natural a estes terreos do val do río, coñecidos dende sempre pola súa fertilidade.